Wednesday 01 de May de 2024

Obradoiro pintura mural


Como parte do programa Elas son artistas, a piscina municipal de Carral converteuse no lenzo dun obradoiro de pintura mural co que se buscou concienciar á mocidade sobre as desigualdades de xénero neste eido creativo.

O obradoiro tivo lugar onte, cando se impartiu a parte teórica da actividade, e hoxe, coa parte práctica, coa que se lle deu continuidade ao mural iniciado o ano pasado, tamén como parte de Elas son Artistas. A xornada de hoxe contará, así mesmo, cun concerto a cargo da cantante Pauliña e cunha actuación de danza por parte da compañía Cia. Entremáns.